domingo, 16 de febrero de 2014

Introducción a Openscad

A forma de traballar con OpenSCAD é a de construír sólidos mediante o modelado de formas básicas como son os cubos, esferas ou cilindros e operacións básicas. Comecemos polas formas básicas, o cubo:

//Este é o código para debuxar un cubo de 10 mm no eixo X
// 20 mm no eixo Y e 30 no eixo Z 
// A variable center permite centrar o obxecto nos eixos
cube ([10,20,30], center = false);


O obxecto que permite debuxar un cilindro ou un cono é:

/* Onde temos que definir o radio (r), altura (h), si está centrado e a resolución ($fn, número de rectángulos para renderizar o cilindro). Para os conos temos que definir r1 (radio da base) e r2 (radio do tope) */
cylinder (r=5, h= 20, center= true, $fn=20);



O obxecto que debuxa a esfera é:

//O parámetro é o radio (r) ou diámetro (d) //e resolución ($fn)
sphere(10);



As operacións, que nomeamos antes, en OpenSCAD se chaman transformacións. A traslación permite desprazar o orixe da figura as coordenadas especificadas, como expresamos no exemplo:

//Debuxamos unha esfera de radio 10
//Trasladamos un cilindro, 15 mm no eixo X, 15 mm no eixo Y e -10 no Z
 sphere(10);
     translate([15,15,-10])
          cylinder(h=20, r=5);





Outra transformación interesante é a que nos permite unir obxectos como é union(). Mostramos un exemplo a continuación, onde se unen (ou combinan) o cilindro e esfera anterior:
union(){
     sphere(10); cylinder(h=20, r=5, center= true); 
 }

Si queremos facer a diferencia de dous obxectos, podemos facelo coa función difference(). Neste caso mostramos o cilindro restado sobre a a esfera:
difference(){ 
      sphere(10);      
      cylinder(h=20, r=5, center= true);





Tamén temos a intersección: 

intersection(){ 
      sphere(10); 
      cylinder(h=20, r=5, center= true); 
}

No hay comentarios:

Publicar un comentario